A botica da expresión Rotating Header Image

Anotacións etiquetadas ‘TVG’

Dignidade

Un 18 de Outubro, deceas de miles de persoas marcharon polas rúas de Santiago cheos de dignidade, cansos da intrasixencia dalgúns, e con moitas ideoloxías diferentes baixo os brazos.

Bloque Nacionalista Galego, Partido dos Socialistas de Galicia, Esquerda Unida e Terra Galega, entre outros, apoiaron a manifestación pola defensa da nosa língua en Santiago de Compostela, capital galega. A Policía Local cifrou en 50.000 os seres humanos que marcharon, a organización 100.000. Sexa un número ou outro, mellor poñamos unha cifra equidistante, trátase dunha novidade dos gobernos do Partido Popular, que sempre son capaces de aglutinar á sociedade galega para protestar polas súas políticas caducas e decimonónicas.

Unha praza da Quintana dúas veces ateigada, os discursos de destacadas personalidades da cultura galega, e un Avelino Pousa Antelo con moito mérito baixo o sol, e rememorando as súas conversas con Castelao. E é certo, o PPdeG sabe como enfadar á sociedade galega, as galegas e galegos que saímos neste 18 de outubro a defender a nosa língua, a defender os nosos direitos e a berrar nin un paso atrás na defensa dunha parte moi importante da nosa personalidade e cultura como pobo.

O día 18 deu igual a quen votabas e de que pao ías, todas e todos berramos polo galego, e que vaian tomando nota no Parlamento galego, a paciencia acábasenos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

¿Pero por qué berra?

Estou vendo nestes intres o programa reconvertido Foro Aberto, e non me convence en absoluto. Unha posta en escea propia dun programa dos oitenta, un decorado que recorda moito ao "Debate" que sobreviviu durante os catro anos do bipartito, collendo anacos do decorado e pegandoos por onde cadraba.

Pero un xa se sorprende cando escoita (e ve) aos invitados, o director da COPE en Galicia; que supoño que o escollerían pola grande audiencia que ten a súa cadea nas terras galegas, e a Roberto Blanco Valdés, "analista político" segundo a TVG, aínda que para min semella máis un berrón.

Será profesor de Dereito Constitucional, pero non coñece o poder do micrófono e da televisión. Non fai falla berrar, xa te escoitamos polos altofalantes dos nosos televisores, isto non é tampouco o NO-DO.

Comezou o debate, mellor dito os debates, coa lea da toponímia, como quen non quere a cousa, e como se non se soubera que na nova TVG ten poder absoluto e omnipresente o Partido Popular de Galicia. ¡Pero que non se note!. Antón Losada resumiu moi ben a liorta verbal: a polémica sae a un ano das eleccións municipais, e son os de sempre os que a provocan, o PP; coa inestimable axuda do alcalde da Coruña, Javier Losada, que se non fala, Sir Paco o devora.

Por suposto, Robert White defendiu as teses dos gilibollas, como bo pseudo-constitucionalista que é, ata chegar ao punto de defender o toponimo en castelán porque así sae nalgunhas cadeas de televisión, véxase Telecirco, perdón Telecinco; propiedade do sr. Berlusconi, outro demócrata. Ben, defender unha posición allea á Lei de Normalización Lingüística non é de bo profesor de Dereito Constitucional, e mesmo é obviar o propio consenso que agora tamén olvida a dereita parlamentar en Galicia.

Pero cambiou o tema, tocaba o "botellón", e agora Robert White/Roberto Blanco defendia a posición lexislativa; amparando nas leis a súa demagoxia e verbigracia, e a súa propia incogruencia. Non se pode usar unha lei segundo conveña, e iso é unha maneira moi sinxela de destapar a este tipo de persoas.

Na Coz terá unha boa audiencia, forrada co programa Prensa-Escuela e as festas que fan con Voz Natura estilo campamento das xuventudes falanxistas, pero a sociedade dubido moito que saiba entender as verdadeiras intencións dun conglomerado empresarial oscurantista e amigo do poder.

Concluíndo, Foro Aberto non me gusta; os debates estériles e a berro limpo dalgúns provócanme dor de cabeza, e "zapping".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ética

"A Mesa recibiu un trato de favor do anterior goberno da Xunta" Ese é o titular que poderíamos extraer das novas que crean algúns xornalistas seguindo a técnica do enmerdamento masivo, consistente en difamar e acusar sen ter probas, e cos datos moi xustiños, tan xustiños que caen como un castelo de naipes.

A remodelada TVG, e o xornal La Voz de Galicia, amosaban hoxe unha serie de novas relacionadas coa Mesa pola Normalización Lingüística e coas subvencións que recibiu nos últimos anos. Non importa que tal entidade estivera vetada pola Xunta do PP durante moitos anos, e que a xustiza tivera que darlles a razón. O que importa agora é, que baixo as maiores tribulacións dos Cesar Casal ou Blanco Valdés de turno, a Mesa, simplemente, quedabase con máis diñeiro do que lles correspondería.

Para colmo, sae o señor Negreira, deputado do PP no Hórreo, presidente do PP da Coruña e tropecentos cargos máis, falando de que isto é unha ignominia. ¿Cal foi a resposta da Mesa nesta nova? NINGUNHA. Para algúns xornalistas, a ética periódistica consiste en crear unha nova con certos datos, e ir construíndoa co que se ten, sen constrastar, ó mellor estilo bananeiro.

A meirande parte da xente recordará aquel artigo de opinión do comandante en xefe da Voz de Galicia. Ou, máis actual, a mala calidade das columnas de opinión que cada día ofrece tal medio, opinións trasnoitadas e distorsionadas, máis propias de xornais franquistas como "El Alcazar", que de medios serios.

Outros pensarán que o tema das subvencións é como darlle a paga @s nen@s, sinxelo e sen probas. Pois non, para iso existe unha lexislación que artella requisitos e propostas lóxicas e coherentes, para evitar tamén, prácticas da estupidez humana en forma de nova.

Temos que evitar entre tod@s @s galeg@s que a falta de moral dalgúns acabe por corromper os máis básicos sistemas de comunicación e o traballo tanto de persoas como de entes xurídicos sen lucro, como o caso da Mesa, pois, temos que esixir ética, non só xornalística, por parte dos informadores e xornalistas. E por suposto, responsabilidades cando sexa necesario.

E logo soará a palabra liberdade das bocas de algúns, e nese instante cae o "teatro" cos aplausos; aplausos faltos da máis mínima ética.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google