A botica da expresión Rotating Header Image

Anotacións etiquetadas ‘ultradereita’

Tentarán sacar tallada

A situación de Penamoa, un poboado chabolista na Coruña é cada vez máis surrealista. As contínuas manifiestacións dun sector do barrio do Ventorrillo, a zona urbana máis cercana ao poboado son bastante continuas, e sempre auspiciadas dende sectores escuros dunha asociación de veciños.

Non sei os motivos reais das protestas; se é a droga, se é a integración ou se simplemente é xenofobia. Isto acentouse hoxe cando chegou ao meu poder un pasquin dun partido político coas súas propostas sobre a droga, como se houbese propostas por mencionar, claro.

Non debería ter problema máximo, pero o quid da cuestión é o partido. O MSR, Movimiento Social Republicano é un partido de ultradereita, un núcleo non minoritario, senón marxinal, que aproveita a conxuntura dunha zona degradada para promovelo racismo e as súas ideas revolucionarias, aquelas que promoven a expulsión das persoas migrantes, rexeitan aos homosexuais, etc etc Que vou contar da ultradereita?

Tampouco é sorprendente que o autodenominado blogue do barrio, acostumado a criticar ao BNG e outras posicións de esquerda, e que non ten por qué reflexar a opinión xeral dunha zona da Coruña, auspicie o reparto destes pasquíns. Entendo que se de verdade o administrador dese blogue quixera promover a integración, non colaboraría dando soporte publicitario ás ideas caducas e máis negativas de sectores reaccionarios. A entrada (na bitácora) prodúxose o día 26 de Outubro, e onte 28 obtiven o "prezado" folleto coas innovadoras propostas da ultradereita contra a droga.

Entre algunhas delas, destacaría a creación dun organismo anti-droga con persoal do Exército, ou o abandono da metadona como subtitutivo.

Eu, coma estudante de Traballo Social, teño auténticos espasmos estomacais coas propostas, xa que entendo que unha verdadeira intervención a prol das persoas que sufren procesos de dependencia ou toxicomanías, non pode pasar pola criminalización e desleixo dun sector da sociedade. Igual pensarán as familias e amigos destas persoas, seres humanos que tamén sufren vendo a un parente ou amigo atrapado por algunha das múltiples substancias perniciosas.

Non se pode permitir que a ultradereita saque tallada de Penamoa, e menos que dende os medios non convencionais, como son os blogues, se faga apoloxía deste tipo de ideas, de aqueles que provocaron unha guerra civil e o fusilamento  e exilio sistemático de miles de persoas.

O populismo barato xa o podemos deixar para Silvio Berlusconi e as súas artes amatorias (con ou sen escarlatina), pois en Galiza non caben ideoloxías violentas. Non se pode xogar con circunstancias e menos co pensamento da xente.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Nova Lei para o aborto no 2009 ou 2010

A ministra de igualdade Bibiana Aído comunicou a intención do seu Ministerio de comezar os traballos para a creación dunha nova lei que regule o aborto. O meu parecer é unha boa noticia, que permitirá as mulleres ter igualdade de oportunidades e dereitos con respecto a interrupción do embarazo, vivan na comunidade na que vivan.

LIGAZÓN DO VIDEO

Por suposto, as críticas veñen e virán dende a ultradereita, a Conferencia Episcopal e o mal chamado Foro da Familia, que únicamente aglutina conglomerados familiares afíns ó radicalismo e as sectas relixiosas como o Opus Dei; os que teñen 20 fillos...

¿Alguén recorda a "movida" previa á aprobación da Lei do Aborto de 1985? ¿Quen se opuxo, igual que se opón na actualidade?

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Aborta e arderás no inferno

Organizacións extremistas, vinculadas á Igrexa católica, á ultradereita "política", e demais seitas legais; continúan coa súa ofensiva antiabortiva, e pretenden acabar co aborto en España.

Xa en 2001, ninguén se sorprendeu cando varias organizacións estadounidenses contrarias ao aborto, e a favor do que el@s denominan "dereito á vida", sacaron á palestra unha das maiores sandeces da historia da mediciña: o aborto inducido podía producir cancro de mama.

Nun intento de atemorizar a todas as mulleres que podían decidir se abortar ou non, estes grupos dedicaron case todo o ano a lanzar esta falsa premisa. Por suposto, a comunidade científica mundial evidenciou que isto era falso, e que nin tan sequera existía vínculo algún entre esta tipoloxía de cancro e o aborto.

Co paso do tempo, e chegando a 2008, os grupos antiabortistas seguen predicando no deserto, falando en boca dos demais, e manipulando imaxes e todo tipo de material informativo. O lobby antiabortista, encabezado pola Conferencia Episcopal, a mesma que rexeita os profilácticos para evitar a SIDA, o Partido Popular, o mesmo que ningunea os dereitos laborais do persoal de Telemadrid; e varios partidos ultradereitistas, os mesmos que negan dereitos aos inmigrantes, non dubidan en alzar a voz contra toda muller que exerce o seu libre dereito de abortar.

AES, ou Alternativa Española, un partido moi rancio, chegaba a propor no seu programa electoral, a creación de centros para atender aos pequenos sobreviventes (como eles chaman) dos abortos. Unha indecencia criminal.

Pero a indecencia continúa. Se botamos unha ollada a algunha páxina web como Aciprensa, podemos contemplar arrepiados como se fai demagoxia coas persoas que sofren algún tipo de discapacidade. A euxenesia, como a súa definición indica, constiste no aborto dun futuro ser que podería ter graves problemas para desenvolver a súa vida diaria.

Isto non implica que o futuro ser xa senta, pois se demostrou, que é un ser que aínda non ten conciencia nin sente, e polo tanto é imposible consideralo un ser humano.

A nivel legal, sabemos que un recentemente nacido non adquire dereitos ata pasadas 24 horas do seu nacemento, co cal o parto tampouco implica que o nado sexa unha persoa recoñecida legalmente.

A demagoxia continúa: se banaliza o termo "homicidio" e considérase asasinos a todos os médicos que practican abortos. Isto pódese comprobar case a diario en certos programas da cadea de radio da Conferencia Episcopal (COPE), onde algúns ?tertulianos? falan sen andrómenas de asasinatos.

O certo é que o aborto aínda segue estando moi pouco regulado en España, e necesita unha lei moderna que permita crear unha serie de prazos equivalentes aos que ocorren noutros estados, como Holanda, quen nos levan moitos anos de vantaxe en leis e dereitos...

Vendida en:

Kaos en la Red 27/6/2008

Galiza Indymedia 27/6/2008

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google