A botica da expresión Rotating Header Image

unidade

Hoxe perdemos tod@s

Hoxe era unha oportunidade magnifica para festexar o fracaso dunha manifestación convocada ó mediodía en Santiago de Compostela.

Convocada polo colectivo GB, e apoiada pola dereita e ultradereita española: PP, UPyD, Ciudadanos e Falange Auténtica, entre outros; logrou reunir 2.500 persoas segundo fontes da Policía Local de Santiago, a pesares de que a axencia EFE cita fontes policiais e unha asistencia de 7.000 persoas.

O pasado ano tivo lugar unha manifestación a prol do dereito a vivir en galego, organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística e apoiada por máis de 500 colectivos de toda Galicia. 8.000 persoas segundo fontes policiais; 20.000 segundo os organizadores.

E aínda falo máis de fracasos, pois onte, en Barcelona, o partido Ciudadanos, con Albert Rivera á cabeza (tamén na cabeza do populismo chabacano), só acercou a 600 seareiros do partido, para protestar contra a política lingüística da Generalitat, avalada, o igual que a galega, polo Consello de Europa.

Hoxe era un día fabuloso para o ridiculismo, e para que o apartheid lingüístico solicitado por algúns caese polo seu propio peso. Un día para apoiar as concentracións ridiculistas, e un día para facer valer a forza que nos dan as leis, e a forza que nos da a realidade: somos máis, moitos máis.

Sen embargo, a violencia deulles as, e deulles a razón por unhas horas. Non podemos contrarrestar unha manifestación destas características tirando botellas e outros obxetos. A violencia nunca pode ser unha solución a unha manifestación, que mal nos pese, é perfectamente legal.

O 1 de Marzo volveremos ver quen ten razón. Non olvidemos que nas Eleccións Xerais do 2008, o populismo español de UPyD e Ciudadanos obteu pouco máis de 12.000 votos.

O independentismo tamén ten que manifestarse nas urnas, e non violentandose; para iso está a democracia…e hoxe, perdimos a razón polas “malas” formas de expresarnos