A botica da expresión Rotating Header Image

Anotacións etiquetadas ‘United’

Prop2

Imaxe dunha granxa croataO mesmo día das Eleccións norteamericanas, que gañou o candidato demócrata Barack Obama, en algúns estados estábase a debater outras interesantes propostas, como o matrimonio homosexual, ou a proposición número 2; ambas en California.

Desgraciadamente, o matrimonio homosexual seguirá prohibido no estado de California, e é unha mágoa, aínda que nun estado gobernado polos republicanos, e onde gañou Obama, podía pasar calqueira cousa.

Eu falarei da proposición número 2; unha proposta á enmenda da lexislación do estado de California, para abolir as gaiolas demasiado pequenas para os animais de granxa.

Sorprendeume moito a valoración do diario La Voz de Galicia, que calificaba dita proposición como "de pouco calado", e non deixo de pensar nos centos de millóns de animais que cada ano teñen que malvivir en deceas de millóns de gaiolas, e que nuns meses son sacrificados...

De pouco calado será para certos grupos de presións, próximos ó lobby da carne ou calqueira industria relacionada cos animais. Está moi claro que dita proposición obrigalles a mellorar un benestar animal moi escaso nos Estados Unidos, aínda que tamén en España.

Se facemos un cálculo sinxelo, poderíamos afirmar que no tamaño dun folio poden "aloxarse" 4 ou 5 galiñas. Un espazo ínfimo, e unha empatía baixo mínimos

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Pida ós funcionarios da Coruña o cese das subvencións taurinas

Hoxe leveime unha grata sorpresa dende os Estados Unidos, a HSI, unha das entidades adheridas a Galicia, mellor sen touradas lanzou xa a campaña de petición de cese das subvencións taurinas na Coruña.

Teño que confesar que a acción xa estaba planificada dende hai tempo, ó igual que a súa versión británica, da Liga contra os Deporteis Crueis.

Isto confirma que a plataforma que tanto traballo conleva funciona, e moi ben, e que non só traballamos durante a tempada taurina, senón que estamos ó pe do cañón durante todo o ano...

Deixo a ligazón da HSI:

https://community.hsus.org/campaign/hsi_coruna

e a da League:

http://www.league.org.uk/content.asp?CategoryID=2110

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google