A botica da expresión Rotating Header Image

vida

Ciencia infectada

Resposta ao artigo “Comerse una rata” de Jose Ramón Amor Pan, teólogo e columnista de La Coz.

En resposta ao artigo do sr. Amor, en relación aos dereitos dos animais, teño que dicir que tales afirmacións supoñen un xeito sesgado e simplista de interpretar a realidade.

Cando fala da experimentación en animais, a súa análise é certamente acientífica, invitando a pensar que a experimentación en animais non humanos é necesaria para o avance da propia ciencia e o coñecemento. Non obstante, habería que incidir na gran cantidade de erros e fracasos que tal eido acumula.

Así, podería recordalle ao señor Amor o caso do Talidomida, famoso medicamento empregado nas mulleres embarazadas para controlar as náuseas, probado en ratos e cobaias, que provocaría máis de dez mil nacementos de bebés con mutilacións. E iso que os experimentos cos animais non ofreceran problemas. Ou o Propulsid, un fármaco para tratar refluxos gástricos en poboación infantil, que provocou máis de douscentas mortes debido as alteracións cardíacas que producía. E sen embargo ningún estudo con ratos ofrecera tales complicacións.

A experimentación en animais é unha lucrativa industria que condea a millóns de animais a sufrir crueis investigacións e probas para que logo o oligopolio da saúde e da ciencia poidan obter cuantiosos beneficios e axudas estatais. Xa existen métodos alternativos e substitutivos eficaces e validados por institucións europeas, pero semella que non interesa…

A ética máis básica propugna a fin da vivisección, da crueldade enmascarada de ciencia. O sentido común é deixar de verter químicos nos ollos dos coellos, de diseccionar a cans e gatos todavía vivos, de obrigar a macacos a inxerir substáncias tóxicas. A ciencia é progreso, non reproducir sistemáticamente accións de seculos pasados.

Vida perra

Vida Perra é unha curtametraxe que aborda o tema do abandono de animais; unha situación que afecta a unha cifra incrible de animais, entre 100.000 e 500.000 seres vivos son abandoados cada ano. Calcúlase que o 70% destes, non sobrevive.

Por iso, Vida Perra, unha curtametraxe, 7 minutos e medio de historia dun canciño e os seus donos, agora que o viches ¿pensas que é un problema menor?

[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/qDJ8pouRS9A" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Vida Perra foi galardoado co 2º Premio no certame Canarias Rueda La Palma 2008. Actualmente, a lei de Proteción e Benestar Animal de Galicia data do ano 1993, todavía quedan moitos indeseables sen castigo…

Aborta e arderás no inferno

Organizacións extremistas, vinculadas á Igrexa católica, á ultradereita “política”, e demais seitas legais; continúan coa súa ofensiva antiabortiva, e pretenden acabar co aborto en España.

Xa en 2001, ninguén se sorprendeu cando varias organizacións estadounidenses contrarias ao aborto, e a favor do que el@s denominan “dereito á vida”, sacaron á palestra unha das maiores sandeces da historia da mediciña: o aborto inducido podía producir cancro de mama.

Nun intento de atemorizar a todas as mulleres que podían decidir se abortar ou non, estes grupos dedicaron case todo o ano a lanzar esta falsa premisa. Por suposto, a comunidade científica mundial evidenciou que isto era falso, e que nin tan sequera existía vínculo algún entre esta tipoloxía de cancro e o aborto.

Co paso do tempo, e chegando a 2008, os grupos antiabortistas seguen predicando no deserto, falando en boca dos demais, e manipulando imaxes e todo tipo de material informativo. O lobby antiabortista, encabezado pola Conferencia Episcopal, a mesma que rexeita os profilácticos para evitar a SIDA, o Partido Popular, o mesmo que ningunea os dereitos laborais do persoal de Telemadrid; e varios partidos ultradereitistas, os mesmos que negan dereitos aos inmigrantes, non dubidan en alzar a voz contra toda muller que exerce o seu libre dereito de abortar.

AES, ou Alternativa Española, un partido moi rancio, chegaba a propor no seu programa electoral, a creación de centros para atender aos pequenos sobreviventes (como eles chaman) dos abortos. Unha indecencia criminal.

Pero a indecencia continúa. Se botamos unha ollada a algunha páxina web como Aciprensa, podemos contemplar arrepiados como se fai demagoxia coas persoas que sofren algún tipo de discapacidade. A euxenesia, como a súa definición indica, constiste no aborto dun futuro ser que podería ter graves problemas para desenvolver a súa vida diaria.

Isto non implica que o futuro ser xa senta, pois se demostrou, que é un ser que aínda non ten conciencia nin sente, e polo tanto é imposible consideralo un ser humano.

A nivel legal, sabemos que un recentemente nacido non adquire dereitos ata pasadas 24 horas do seu nacemento, co cal o parto tampouco implica que o nado sexa unha persoa recoñecida legalmente.

A demagoxia continúa: se banaliza o termo “homicidio” e considérase asasinos a todos os médicos que practican abortos. Isto pódese comprobar case a diario en certos programas da cadea de radio da Conferencia Episcopal (COPE), onde algúns ?tertulianos? falan sen andrómenas de asasinatos.

O certo é que o aborto aínda segue estando moi pouco regulado en España, e necesita unha lei moderna que permita crear unha serie de prazos equivalentes aos que ocorren noutros estados, como Holanda, quen nos levan moitos anos de vantaxe en leis e dereitos…

Vendida en:

Kaos en la Red 27/6/2008

Galiza Indymedia 27/6/2008