A botica da expresión Rotating Header Image

vila

As touradas e Cangas

A pasada semana unha nova espertou un positivo interese nos medios de comunicación. Tratábase do lanzamento da campaña “Queres declarar a túa vila abolicionista?”, idea da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas, que concentraba no seu primeiro día de vida a presentación de mocións contrarias á barbarie taurina en 19 concellos galegos.

Xa pasaron 12 días dende a presentación da campaña e do “boom” mediático, e xa son 25 os concellos que recibiran unha moción no rexistro municipal, como adiantaba o xornal Público nunha entrevista a un membro da organización abolicionista galega.

Hoxe a nova é moi positiva, como informa La Coz de Galicia e o medio taurino Burladero. Trátase da primeira moción contra as touradas presentada nun concello por parte dunha formación política, unha iniciativa auspiciada pola formación Alternativa Canguesa de Esquerdas, que levara a proposta de Galicia, Mellor Sen Touradas ao seguinte pleno do concello de Cangas con algunhas modificación segundo puiden coñecer…

ACE goberna en coalición co Bloque Nacionalista Galego e o PSdeG-PSOE, e a situación na vila non é moi estable despois de toda a revolta co gallo das obras e do porto cangués. Sen embargo a proposta ten que continuar (the show must go on!) e ten que aprobarse, pois de facelo, sería o primeiro concello galego oficialmente contrario ás touradas, despois de que o alcalde de Monforte rexeitara debater a iniciativa, nun intento por contentar ao lobby taurino.

Cambio en Gondomar

Gondomar cambiou de mans tras unha moción de censura cunhas motivacións escuras, botarlle a man ó urbanismo, para cambiar unha política máis ou menos acertada polo urbanismo radical e destructor que caracterizan a outros partidos.

PP, MOVE e rebeldes do PSdeG-PSOE fixeron posible a expulsión do Bloque Nacionalista Galego do Concello; e eles mesmo recoñeceron que querían botar man ó solo, cunha concellaría de Urbanismo que dirixirá un rebelde do PSdeG-PSOE. O mesmo que segundo La Voz de Galicia, tería unha nave ilegal na vila, un edificio construído sobre terreo rústico; así que comezamos ben a lexislatura censurista. Mentras se producía a moción deceas de veciños protestaban polo que consideraban un acto de corrupción, como se pode ver na imaxe, cando entran na Casa do Concello para asistir o pleno onde se votaría a moción.

A vila de Gondomar é moi “golosa” para os promotores e constructores, o estar baixo a influencia da area de Vigo, unha cidade moi importante na zona sur de Galicia; e polo tanto a moción de censura non debería sorprender ós cidadáns e cidadás de Gondomar, era unha moción coherente, como dixen antes, coas políticas que desenvolven algúns no eido urbanístico.

Pero non só hai edificacións ilegais, senón que existe unha relación familiar entre o propio concelleiro de Urbanismo e un dos maiores promotores inmobiliarios da zona. Cando un descubre estas cousas, xa non lle queda capacidade para sorprenderse deste movementos políticos

Como estar á vangarda da protección animal, e non despeinarse

Nestas últimas semanas, as organizacións pro-dereitos dos animais estamos moi exultantes, polo que acontece no país dos nosos veciños, Portugal.

Coa Associaçâo Animal á cabeza, xa son catro os municipios portugueses que non permitirán touradas nos seus termos municipais. Viana do Castelo abreu a “lata” dun movemento que leva anos reivindicando estes valentes posicionamentos políticos.

Máis tarde caeron Braga e Cascais, duas vilas moi coñecidas, e que a partires de agora no permitirán espectáculo taurino algún. E por último, Sintra, unha vila situada moi preto de Lisboa.

Eu agardo que os movementos en Galiza non se demoren máis; a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas está a traballar a reo para acadar algún movemento político que poida declarar a primeira vila antitaurina galega. Non fai falla que teña eventos taurinos, porque en Galiza isto é residual, a pesares dalgúns e dalgunhas.

Mentras tanto, eu miro ós meus veciños portugueses, e penso que non temos nada distinto, nada nos impide ser tamén antitaurinos. Quizais os políticos sexan os que muden.