A botica da expresión Rotating Header Image

votación

Cor rosa, só no papel

Unha vez máis a demagoxia e o populismo de rebaixas cae da súa posición. O pasado 16 de setembro, o Parlamento Europeo tratou, entre outros temas, unha polémica Lei que se estaba a impulsar nun antigo territorio da URSS, Lituania. Unha lei moi perigosa para as liberdades individuais e os propios Dereitos Humanos, que sinalaba directamente ao colectivo homosexual.

Como é lóxico, deceas de eurodeputados puxeron o grito no ceo, e esixiron unha resposta da Unión Europea perante a este ataque directo a parte da sociedade lituana. Ata aquí todo claro, e como a votación de castigo saíu para diante por maioría, os defensores dos Dereitos Humanos tiñan un pequeno sorriso nos seus beizos. Un bo golpe contra a homofobia.

Nas votacións non sorprendería que 18 dos 19 eurodeputados do Partido Popular votarán contra o castigo, e a min, persoalmente tampouco me sorprendeu a asbstención do upydista Francisco Sosa Wagner, máis que nada porque o seu partido practica unha política de medio de comunicación e logo no Congreso dos Deputados fai o que lle peta, usualmente ó contrario o dito. Un bo exemplo é Rosa Díez, ex-PSOE e ex-eurodeputada cun pobre balance de traballo na cámara dos 27.

A polémica saltou hoxe no diario Público, onde se facían eco do evidente malestar do movimento homosexual sobre pasada (e futura) presenza de membros de UPyD nas manifestacións do día do Orgullo Gai. É lóxico e normal que o colectivo rexeite a presenza mediática e re-buscada dos populistas, vendo a recente posición que tomou en Europa. Non teñen problemas en gastar cartos para facer pancartas moi chulas e promulgalo progresismo, e logo, nun alarde de sinceridade, a abstención aparece no seu diario de traballo.

Segundo fontes de UPyD a abstención foi froito dun problema técnico, como se fora excusa suficiente botarlle a culpa a que os 3 votóns de votación (SÍ, NON, Abstención) teñan a mesma cor. Eu, polo que podo dicir, sei que é bastante usual que nas votacións do Parlamento Europeo que algún aparello falle, pero isto non é excusa, xa que ante o erro do aparello, os eurodeputados érguense da cadeira para xustificar o voto e para ratificalo na acta.

Isto pasou precisamente o mesmo 16 de setembro noutras votacións, onde algúns erros, deron paso as explicacións de varios eurodeputados.

Non é o caso de UPyD. Unha semana despois non se pode facer tamaña tomadura de pelo; e como é ben sabido, unha acta non a van modificar sete días despois do peche; sexa como sexa UPyD, coa súa posición e falta de resposta, encubre a homofobia.

GRAZAS


Non falei nada deles durante o tempo que durou a votación, co único obxetivo de non interferir no día a día deste blogue…

Pero como xa acabou a votación popular, hoxe aproveito e dou GRAZAS, a tódalas persoas que votaron á Botica da Expresión, e a todas aquelas que visitaron o meu blogue durante a votación dos 20Blogs, do periódico gratuito 20Minutos.

Quedei de 5º na categoría “Versión Original”, con 22 votos; e na clasificación xeral nunha meritoria 58ª posición, que da acceso ó Xurado que otorgará outros 3.000€ e unha invitación a escreber como columnista no diario 20Minutos. Non vou gañar, e eu xa estou moi ledo pola posición no primeiro ano que participo. Non fai falla o diñeiro…¡¡¡teño o meu blogue!!!

Aproveito tamén para agradecer a presenza en medios como Chuza e Código Cero, que adican unha mención ós dous blogues escritos en galego que pasamos a “criba” dos 100 primeiros.

GRAZAS